jueves, 21 de febrero de 2013

Viaxe a Dinamarca

En primicia, e recén subidiño a Youtube, aquí tendes a primeira parte (de 4 ou 5 que me vai levar) da grabación que fixemos cando viaxamos a Dinamarca no ano 1999 con motivo do intercambio cultural co pobo de Frederikssund.

Aínda tiñamos forzas para sacar unha última foto ó chegar a Santiago

Por suposto, non é o vídeo ó completo, que ninguén se preocupe pola vergoña que poida pasar ou pola súa reputación... o vídeo é unha selección dos mellores momentos (mostrables).

Xa sen más rodeos, aquí tende-lo vídeo. Desfrutádeo!




miércoles, 13 de febrero de 2013

Festival de Bandas en Ribadavia

Parece que aínda foi onte e xa pasaron máis de 5 anos dende que collemos o autobús e arrancamos cara Ribadavia para participar no Festival de Bandas no ano 2007. Pode parecer que foi un concerto como outro calquera, sen embargo este pobo conta nada menos que cun castelo con auditorio incorporado, que fai que un concerto neste emplazamento teña un aire distinto.

Ribadavia 2007
Unha das obras que interpretamos ese día foi Tell me a Jazz Story, de Jean-Claude Naude, para quinteto de metais con acompañamento de banda. Con esta obra enchemos de jazz as vellas paredes de pedra e ó público que nos escoitaba.



E como non podía ser doutra maneira, rematamos con todo un clásico para a nosa banda, Maritiñika (F. e R. Groba) onde saxos e trompetas lucen as súas melodías (aínda que algún se despistara contando compases...)


Como nota curiosa, hai que dicir que non é que cambiaramos de traxe, e que por caprichos da cámara de vídeo parece que vamos vestidos de verde...

martes, 5 de febrero de 2013

Disco á Venda

Imos comezar a venda do noso disco a través da web, e aínda que estamos todavía cos preparativos para poder facelo todo online, xa podedes pedilo a través deste número de teléfono: 678017336, ou mediante a dirección de correo electrónico: bandademusicadecatoira@gmail.com.
En breves teremos listos os prezos dos gastos de envío, pero se alguén quere mercalo mentras tanto, xa nos encargamos nós de comprobar canto custaría mandalo.

Este é o noso primeiro CD, titulado 20 anos de Música, editado no ano 2010 con motivo do vixésimo aniversario da creación da banda. Nel recóllense gravacións de distintos concertos realizados ó longo destos anos, polo que podedes oír o son da nosa banda en riguroso directo. O doble disco está á venda por 12 euros, ó que se lle sumarían os gastos de envío, que publicaremos no blog en canto teñamos as tarifas.

CD1:
-Cavaleiros de Santiago (J. L. Represas Carrera)
-La Pasión de Cristo (Ferrer Ferrán)
-Sinfonía Nº 3: Planet Earth. III-Mother Earth (Johan de Meij)
-Tres Imaxes de Mudga (David Fiuza)

CD2:
-Puenteareas (R. Soutullo)
-Sinfonía Nº2: The Big Apple (Johan de Meij)
-Estrasantico (Simón Couceiro)


Vamos a inicar la venta de nuestro disco a través de la web, y aunque estamos todavía con los preparativos para poder hacerlo todo online, ya podéis pedirlo a través de este número de teléfono: 678017336, o mediante la dirección de correo electrónico: bandademusicadecatoira@gmail.com.
En breves tendremos listos los precios de los gastos de envío, pero se alguien quiere comprarlo mientras tanto, ya nos encargamos nosotros de comprobar cuanto costaría mandarlo.

Este es nuestro primer CD, titulado 20 años de Música, editado en el año 2010 con motivo del vigésimo aniversario de la creación de la banda. En él se recogen varias grabaciones de distintos conciertos realizados a lo largo de estos años, por lo que podéis oír el sonido de nuestra banda en riguroso directo. El doble disco está a la venta por 12 euros, a lo que se le sumarían los gastos de envío, que publicaremos en el blog en cuanto tengamos las tarifas. 

viernes, 11 de enero de 2013

 Esta medida é un pouco radical, pero a verdade é que ás veces non faltan ganas...

"Está sendo acusado por un total de cinco aplausos entre movementos" 

Viñeta vista en tumblr.com


jueves, 10 de enero de 2013

Fotos do Concerto

Aquí tendes algunhas das fotos sacadas o pasado domingo no Concerto de Reis, no que estreamos obras, traxes, músicos, director provisional, e penso que batimos éxito de público, pois eu non recordaba un concerto no que houbera tanta xente de pe... Grazas a todos por asistir, esperamos que vos gustara o concerto e que vos fixeramos a tarde de Reis un pouco máis amena.


Teloneiros de honra
Estreando obras e traxe

Agardando a entrada

Madeiras

Solo de oboe

Lucindo láminas e campanólogo

Clarinetes

Saxofonistas

Inusual corda de bombardinos
Facía tempo que non tiñamos tantas trompas

A banda a pleno rendemento


Esa semana desfrutaremos dun descanso ben merecido, e retomaremos os ensaios o próximo venres 18 de xanerio, á hora habitual.

viernes, 4 de enero de 2013

Concerto de Reis

O día de Reis de cada ano ten lugar un dos acontecementos anuais máis importantes para a nosa banda, non só polo repertorio ou porque é Nadal, senón porque cumprimos anos. Maila que este ano tivemos algún percance de última hora, dentro de dous días non faltaremos ó noso XXIV Concerto de Reis, que aínda que se dí pronto, significa que levamos case medio século tódolos días 6 de xaneiro ofrecendo ó público o noso regalo de Reis particular.

Aquí o enlace do evento en Facebook para máis información. Esperamos vervos a todos alí, e aplaudide forte, que fai frío!

Último ensaio mañá ás 11:00h
El día de Reyes de cada año tiene lugar uno de los acontecimientos anuales más importantes para nuestra banda, no sólo por el repertorio o porque es Navidad, sino porque cumplimos años. A pesar de que este año tuvimos algún percance de última hora, dentro de dos días no faltaremos a nuestro XXIV Concierto de Reyes, que aunque se dice pronto, significa que llevamos casi medio siglo todos los días 6 de enero ofreciendo al público nuestro regalo de Reyes particular.

Aquí el enlace del evento en Facebook para más información. Esperamos veros a todos allí,  ¡y aplaudid fuerte, que hace frío!

miércoles, 2 de enero de 2013

Extreme Meij

Xa que as fotos que nós quitamos dende as butacas no concerto do domingo non se vían moi ben, aquí vos deixo unha foto que atopei na páxina de Facebook de Johan de Meij que él mismo subiu, co disfraz que usou o outro día para o seu estreno de Extreme Beethoven. A saber a qué clarinetista deixou sen campá...



E LEMBRADE, HOXE ENSAIO ÁS 20:00H. QUE NON FALTE NINGUÉN!!!


martes, 1 de enero de 2013

Pinchos de Fin de Ano

 Despois dun ensaio a cargo de Iván Carreira, o noso "Mestre suplente", debido a un problemiña cun menisco do noso director hai uns días, onte tivemos a tradicional paparota + champán de fin de ano. Parece que iamos con fame, porque só sobraron catro cacahuetes...

Preparando o concerto nun tempo récord

Os máis novos desfrutando dos seus primeiros pinchos de fin de ano

Parece que estabamos esfameados...
O noso mestre lesionado non quixo perde-lo brindis

De hoxe nun ano!

 Recordade todos que mañá día 2 de xaneiro temos o penúltimo ensaio antes do concerto ás 20:00h.


lunes, 31 de diciembre de 2012

Feliz Aninovo

31 de decembro: ensaio ás 11 da mañá e pinchos de fin de ano cunha copiña de champán. Leva anos sendo así e hoxe non será unha excepción, así que xa sabedes todos, hoxe ás 11 teremos o ensaio máis concurrido do ano (queiras que non, a comida atrae xente...) e logo brindaremos por outro ano máis xuntos.


Por outro lado, onte fomos ver o Concerto de Fin de Ano  dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, cun programa excelente co que deixaron o listón ben alto. De momento non teño moitas fotos, así que se alguén sacou algunha, agradecería que mas enviarades a blogbandacatoira@gmail.com

Polo momento déixovos ó Mestre Johan de Meij dirixindo o arranxo que él mesmo fixo de Joropo (orixinal de Moisés Moleiro), con David Childs como solista de bombardino, e a segunda, que non se ve moi ben, é a performance que fixo o propio Johan de Meij vestíndose de Beethoven (con campá de clarinete baixo pegada ó oído incluída facendo de trompetiña) con motivo da estrea mundial da súa obra Extreme Beethoven, que demostra que ademáis de xenio, rebosa sentido do humor.

Joropo
"Beethoven de Meij"

Xa por último, e para que vaiades practicando para mañá, aquí tendes un vídeo da Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo do ano 2009, onde Daniel Barenboim dirixeu ó público. Bueno, e de paso á Orquestra Filharmónica de Viena.


Que pasedes todos un feliz fin de ano que o 2013 sexa un ano cheo de bos momentos e moita música!


Fonte da Imaxe 1: Música en Marcha