Por outro lado, onte fomos ver o Concerto de Fin de Ano dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, cun programa excelente co que deixaron o listón ben alto. De momento non teño moitas fotos, así que se alguén sacou algunha, agradecería que mas enviarades a blogbandacatoira@gmail.com.
Polo momento déixovos ó Mestre Johan de Meij dirixindo o arranxo que él mesmo fixo de Joropo (orixinal de Moisés Moleiro), con David Childs como solista de bombardino, e a segunda, que non se ve moi ben, é a performance que fixo o propio Johan de Meij vestíndose de Beethoven (con campá de clarinete baixo pegada ó oído incluída facendo de trompetiña) con motivo da estrea mundial da súa obra Extreme Beethoven, que demostra que ademáis de xenio, rebosa sentido do humor.
Joropo |
"Beethoven de Meij" |
Xa por último, e para que vaiades practicando para mañá, aquí tendes un vídeo da Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo do ano 2009, onde Daniel Barenboim dirixeu ó público. Bueno, e de paso á Orquestra Filharmónica de Viena.
Que pasedes todos un feliz fin de ano que o 2013 sexa un ano cheo de bos momentos e moita música!
Fonte da Imaxe 1: Música en Marcha