Mostrando entradas con la etiqueta Ensaio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ensaio. Mostrar todas las entradas

viernes, 4 de enero de 2013

Concerto de Reis

O día de Reis de cada ano ten lugar un dos acontecementos anuais máis importantes para a nosa banda, non só polo repertorio ou porque é Nadal, senón porque cumprimos anos. Maila que este ano tivemos algún percance de última hora, dentro de dous días non faltaremos ó noso XXIV Concerto de Reis, que aínda que se dí pronto, significa que levamos case medio século tódolos días 6 de xaneiro ofrecendo ó público o noso regalo de Reis particular.

Aquí o enlace do evento en Facebook para máis información. Esperamos vervos a todos alí, e aplaudide forte, que fai frío!

Último ensaio mañá ás 11:00h
El día de Reyes de cada año tiene lugar uno de los acontecimientos anuales más importantes para nuestra banda, no sólo por el repertorio o porque es Navidad, sino porque cumplimos años. A pesar de que este año tuvimos algún percance de última hora, dentro de dos días no faltaremos a nuestro XXIV Concierto de Reyes, que aunque se dice pronto, significa que llevamos casi medio siglo todos los días 6 de enero ofreciendo al público nuestro regalo de Reyes particular.

Aquí el enlace del evento en Facebook para más información. Esperamos veros a todos allí,  ¡y aplaudid fuerte, que hace frío!

martes, 1 de enero de 2013

Pinchos de Fin de Ano

 Despois dun ensaio a cargo de Iván Carreira, o noso "Mestre suplente", debido a un problemiña cun menisco do noso director hai uns días, onte tivemos a tradicional paparota + champán de fin de ano. Parece que iamos con fame, porque só sobraron catro cacahuetes...

Preparando o concerto nun tempo récord

Os máis novos desfrutando dos seus primeiros pinchos de fin de ano

Parece que estabamos esfameados...
O noso mestre lesionado non quixo perde-lo brindis

De hoxe nun ano!

 Recordade todos que mañá día 2 de xaneiro temos o penúltimo ensaio antes do concerto ás 20:00h.


lunes, 31 de diciembre de 2012

Feliz Aninovo

31 de decembro: ensaio ás 11 da mañá e pinchos de fin de ano cunha copiña de champán. Leva anos sendo así e hoxe non será unha excepción, así que xa sabedes todos, hoxe ás 11 teremos o ensaio máis concurrido do ano (queiras que non, a comida atrae xente...) e logo brindaremos por outro ano máis xuntos.


Por outro lado, onte fomos ver o Concerto de Fin de Ano  dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, cun programa excelente co que deixaron o listón ben alto. De momento non teño moitas fotos, así que se alguén sacou algunha, agradecería que mas enviarades a blogbandacatoira@gmail.com

Polo momento déixovos ó Mestre Johan de Meij dirixindo o arranxo que él mesmo fixo de Joropo (orixinal de Moisés Moleiro), con David Childs como solista de bombardino, e a segunda, que non se ve moi ben, é a performance que fixo o propio Johan de Meij vestíndose de Beethoven (con campá de clarinete baixo pegada ó oído incluída facendo de trompetiña) con motivo da estrea mundial da súa obra Extreme Beethoven, que demostra que ademáis de xenio, rebosa sentido do humor.

Joropo
"Beethoven de Meij"

Xa por último, e para que vaiades practicando para mañá, aquí tendes un vídeo da Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo do ano 2009, onde Daniel Barenboim dirixeu ó público. Bueno, e de paso á Orquestra Filharmónica de Viena.


Que pasedes todos un feliz fin de ano que o 2013 sexa un ano cheo de bos momentos e moita música!


Fonte da Imaxe 1: Música en Marcha

jueves, 20 de diciembre de 2012

Ensaio Mañá ás 21h

Como todos os venres, e aínda que o tempo non acompañe, mañá día 21 toca ensaiar ás nove da noite para seguir preparando o concerto de Reis. E avisamos que non vale poñer a excusa do fin do mundo para non vir, que xa nos coñecemos...

Aquí vos deixo outra das obras que interpretaremos o 6 de xaneiro, que non é outra que a coñecidísima overtura de Nabucco, de Giuseppe Verdi, arranxo de Franco Cesarini. Neste vídeo está interpretada pola Marktmusikkapelle Garsten, (que, segundo Google é a Banda de Música do Mercado de Garsten).


miércoles, 12 de diciembre de 2012

Ensaio Venres ás 21:00

Lembrade todos que hai que continuar preparando o concerto de Reis, así que este venres día 14 ensaiamos tutti ás nove da noite. Aquí vos deixo un vídeo de The Seville Suite (Bill Whelan, aranxo de Johan de Meij) interpretado pola Banda Sinfónica Xuvenil Simón Bolívar, da que nós prepararemos para este concerto só os dous últimos movementos.


Recordad todos que hay que continuar preparando el concierto de Reyes, así que este viernes día 14 ensayamos tutti a las nueve de la noche. Aquí os dejo un vídeo de The Seville Suite (Bill Whelan, arreglo de Johan de Meij) interpretado por la Banda Sinfónica Juvenil Simón Bolívar, de la que nosotros prepararemos para este concierto sólo los dos últimos movimientos.