Como bos amigos e compañeiros que somos, de cando en cando tamén nos gusta aparcar uns días os instrumentos e coller o autobús para facer alguha excursionciña a onde sexa. Dous bos exemplos foron estes dous viaxes nos que fomos a Mondariz a pasar o fin de semana.
 |
| Monzariz 2005 |
Pasaron só dous anos entre unha e outra, pero moitas cousas pasan en dous anos (ademáis das cámaras dixitais), a xente vaise, outra ven, os máis pequenos medran, e os máis maiores... bueno, imos dicir que os maiores estamos igual.
 |
| Mondariz 2007 |
Aínda que unha fin de semana cos teus compañeiros da banda non pareza nada importante, acábase convertendo en algo máis ca eso. Pásalo ben cos teus amigos, acábaste facendo amigo de quen aínda non o eras, sae a relucir a alma festeira da xente e, por suposto, se fai sol poste moreno. Por cousas como estas unha simple excursión acaba resultando unha experiencia inolvidable para todos, na que a banda estreita lazos, chega coas pilas recargadas para o seguinte ensaio, e, para que mentir... déixanos historias para contar uns cantos anos...