En primicia, e recén subidiño a Youtube, aquí tendes a primeira parte (de 4 ou 5 que me vai levar) da grabación que fixemos cando viaxamos a Dinamarca no ano 1999 con motivo do intercambio cultural co pobo de Frederikssund.
Aínda tiñamos forzas para sacar unha última foto ó chegar a Santiago
Por suposto, non é o vídeo ó completo, que ninguén se preocupe pola vergoña que poida pasar ou pola súa reputación... o vídeo é unha selección dos mellores momentos (mostrables).
Xa sen más rodeos, aquí tende-lo vídeo. Desfrutádeo!
31 de decembro: ensaio ás 11 da mañá e pinchos de fin de ano cunha copiña de champán. Leva anos sendo así e hoxe non será unha excepción, así que xa sabedes todos, hoxe ás 11 teremos o ensaio máis concurrido do ano (queiras que non, a comida atrae xente...) e logo brindaremos por outro ano máis xuntos.
Por outro lado, onte fomos ver o Concerto de Fin de Ano dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, cun programa excelente co que deixaron o listón ben alto. De momento non teño moitas fotos, así que se alguén sacou algunha, agradecería que mas enviarades a blogbandacatoira@gmail.com.
Polo momento déixovos ó Mestre Johan de Meij dirixindo o arranxo que él mesmo fixo de Joropo (orixinal de Moisés Moleiro), con David Childs como solista de bombardino, e a segunda, que non se ve moi ben, é a performance que fixo o propio Johan de Meij vestíndose de Beethoven (con campá de clarinete baixo pegada ó oído incluída facendo de trompetiña) con motivo da estrea mundial da súa obra Extreme Beethoven, que demostra que ademáis de xenio, rebosa sentido do humor.
Joropo
"Beethoven de Meij"
Xa por último, e para que vaiades practicando para mañá, aquí tendes un vídeo da Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo do ano 2009, onde Daniel Barenboim dirixeu ó público. Bueno, e de paso á Orquestra Filharmónica de Viena.
Que pasedes todos un feliz fin de ano que o 2013 sexa un ano cheo de bos momentos e moita música!
Nestas datas tan festivas, que mellor que acompañarnos da mellor música a carón da familia e amigos mentres desfrutamos ó quentiño dunha boa cena, sen importarnos que fóra faga un día de mil demos.
Aquí vos deixo un vídeo da Orquestra Filharmónica de Seúl, interpretando A Christmas Festival, que recopila os máis coñecidos temas de Nadal da man de Leroy Anderson, perfecta para poñer nun día como hoxe.
E para rematar, una versión do famoso Canon en Re Maior de Pachebel, a cargo da Trans-Siberian Orquesta acompañada dun coro de nenos.
Bo Nadal e que pasades todos unhas Felices Festas!
Como todos os venres, e aínda que o tempo non acompañe, mañá día 21 toca ensaiar ás nove da noite para seguir preparando o concerto de Reis. E avisamos que non vale poñer a excusa do fin do mundo para non vir, que xa nos coñecemos...
Aquí vos deixo outra das obras que interpretaremos o 6 de xaneiro, que non é outra que a coñecidísima overtura de Nabucco, de Giuseppe Verdi, arranxo de Franco Cesarini. Neste vídeo está interpretada pola Marktmusikkapelle Garsten, (que, segundo Google é a Banda de Música do Mercado de Garsten).
Hai case 5 anos aló por marzal do ano 2008 (como pasa o tempo...) os nosos mozos e mozas da sección de metais (acompañados por algúns percusionistas) foron os encargados de representarnos nun concerto organizado no pobo de Bandeira. Aquí os temos saudando ó público e lucindo a nosa camiseta oficial:
Hace casi 5 anos, allá por marzo del 2008 (como pasa el tiempo...) nuestros chicos y chicas de la sección de metales (acompañados por algunos percusionistas) fueron los encargados de representarnos en un concierto organizado en el pueblo de Bandeira. Aquí los tenemos saludando al público y luciendo nuestra camiseta oficial.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
Unha das obras que interpretaron foi A Chegada da Raíña de Saba (ou para aqueles máis internacionais, The Arrival of the Queen of Sheba, de Händel).
Una de las obras que interpretaron fue La Llegada de la Reina de Saba (o para aquellos más internacionales, The Arrival of the Queen of Sheba, de Händel).
Outra das pezas que prepararon para ese día non necesita moita presentación, só dicir que contamos coa nosa estrela invitada, Toño Mosquera, sempre voluntario para emprestarnos a súa voz, que nos fai recordar cómo entrea Rocky Balboa ó son de Eye of the Tiger.
Otra de las piezas que prepararon para ese día no necesita demasiada presentación, sólo decir que contamos con nuestra estrella invitada, Toño Mosquera, siempre voluntario para prestarnos su voz, que nos recuerda cómo entrena Rocky Balboa al sonde Eye of the Tiger.
Como traca final, o noso grupo de metais fíxonos desfrutar da súa propia versión da archiconocida I Feel Good, orixinal de James Brown, coa que arrancan o aplauso do público ó compás das varas dos trombóns. Un gran remate para un gran concerto que esperemos non tarde moito en repetirse.
Como traca final, nuestro grupo de metales nos hizo disfrutar de su propia versión de la archiconocida I Feel Good, original de James Brown, con la que arrancan el aplauso del público al compás de las varas de los trombones. Un gran final para un gran concierto, que esperemos no tarde mucho en repetirse.
Hoxe remata o Seminario de Dirección que tivo lugar esta fin de semana no noso concello. Esperamos que todos os participantes, ademáis de aprender, pasaran un bo rato na nosa compaña. Aquí vos deixamos un vídeo aportado por un dos participantes no I Curso de Dirección Romaría Vikinga celebrado en Catoira no ano 2009, tamén impartido polo Mestre José Rafael Pascual Vilaplana, no que dirixe o segundo movemento da obra Mexican Pictures, de Franco Cesarini.
Hoy finaliza el Seminario de Dirección que tuvo lugar este fin de semana en nuestro pueblo. Esperamos que todos los participantes, además de aprender, pasaran un rato agradable en nuestra compañía. Aquí os dejamos un vídeo aportado por uno de los participantes en el I Curso de Dirección Romería Vikinga celebrado en Catoira en el año 2009, también impartido por el Maestro José Rafael Pascual Vilaplana, en el que dirige el segundo movimiento de la obra Mexican Pictures, de Franco Cesarini.
Para inaugura-la páxina, aquí vos deixamos coa nosa interpretación de Ponteareas (de Reveriano Soutullo) no Certame Galego de Bandas en novembro de 2008.
[Gravación realizada pola Federación Galega de Bandas de Música Populares]