![]() |
Ribadavia 2007 |
Unha das obras que interpretamos ese día foi Tell me a Jazz Story, de Jean-Claude Naude, para quinteto de metais con acompañamento de banda. Con esta obra enchemos de jazz as vellas paredes de pedra e ó público que nos escoitaba.
E como non podía ser doutra maneira, rematamos con todo un clásico para a nosa banda, Maritiñika (F. e R. Groba) onde saxos e trompetas lucen as súas melodías (aínda que algún se despistara contando compases...)
Como nota curiosa, hai que dicir que non é que cambiaramos de traxe, e que por caprichos da cámara de vídeo parece que vamos vestidos de verde...
No hay comentarios:
Publicar un comentario