lunes, 31 de diciembre de 2012

Feliz Aninovo

31 de decembro: ensaio ás 11 da mañá e pinchos de fin de ano cunha copiña de champán. Leva anos sendo así e hoxe non será unha excepción, así que xa sabedes todos, hoxe ás 11 teremos o ensaio máis concurrido do ano (queiras que non, a comida atrae xente...) e logo brindaremos por outro ano máis xuntos.


Por outro lado, onte fomos ver o Concerto de Fin de Ano  dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, cun programa excelente co que deixaron o listón ben alto. De momento non teño moitas fotos, así que se alguén sacou algunha, agradecería que mas enviarades a blogbandacatoira@gmail.com

Polo momento déixovos ó Mestre Johan de Meij dirixindo o arranxo que él mesmo fixo de Joropo (orixinal de Moisés Moleiro), con David Childs como solista de bombardino, e a segunda, que non se ve moi ben, é a performance que fixo o propio Johan de Meij vestíndose de Beethoven (con campá de clarinete baixo pegada ó oído incluída facendo de trompetiña) con motivo da estrea mundial da súa obra Extreme Beethoven, que demostra que ademáis de xenio, rebosa sentido do humor.

Joropo
"Beethoven de Meij"

Xa por último, e para que vaiades practicando para mañá, aquí tendes un vídeo da Marcha Radetzky no concerto de Ano Novo do ano 2009, onde Daniel Barenboim dirixeu ó público. Bueno, e de paso á Orquestra Filharmónica de Viena.


Que pasedes todos un feliz fin de ano que o 2013 sexa un ano cheo de bos momentos e moita música!


Fonte da Imaxe 1: Música en Marcha

viernes, 28 de diciembre de 2012

Sabias Palabras

Estiven intentando escribir unha introducción que estivera á altura do que ven a continuación, pero non logrei facer un comentario que lle fixera xustiza, así que sen máis, aquí vos deixo o inicio dunha reflexión sobre a arte e mundo que nos rodea escrita polo Mestre Vilaplana, que podedes ler enteira na súa páxina web pinchando aquí.


Estuve intentando escribir una introducción que estuviera a la altura de lo que viene a continuación, pero no conseguí hacer un comentario que le hiciera justicia, así que sin más, aquí os dejo el inicio de una reflexión sobre el arte y el mundo que nos rodea escrita por el Maestro Vilaplana, que podéis leer entera en su página web pinchando aquí.


jueves, 27 de diciembre de 2012

Excursión o Domingo

Lembrade todos que este domingo día 30 imos facer unha pequena excursionciña para rematar ben o ano vendo un concerto dos nosos compañeiros da Banda de Lalín, que celebran o seu XXVI Concerto de Reis cuns convidados moi especiais, entre os que se encontran Johan de Meij e David Childs.

Dende Catoira sairá un autobús gratuito para os membros da banda e cun custo de 3 euros para os alumnos da Escola de Música ou xente cercana que lle poida interesar (tendo preferencia os pertencentes á banda). Hoxe é o último día para apuntarse e a lista definitiva de xente recollerase hoxe no ensaio (ás 21:00, por se hai algún despistado) e despois poderanse completar as prazas libres ata encher o autobús.

Aquí vos deixo a páxina do evento en Facebook e o cartel por si queredes máis información.



lunes, 24 de diciembre de 2012

Bo Nadal!

Nestas datas tan festivas, que mellor que acompañarnos da mellor música a carón da familia e amigos mentres desfrutamos ó quentiño dunha boa cena, sen importarnos que fóra faga un día de mil demos.

Aquí vos deixo un vídeo da Orquestra Filharmónica de Seúl, interpretando A Christmas Festival, que recopila os máis coñecidos temas de Nadal da man de Leroy Anderson, perfecta para poñer nun día como hoxe.


E para rematar, una versión do famoso Canon en Re Maior de Pachebel, a cargo da Trans-Siberian Orquesta acompañada dun coro de nenos.


Bo Nadal e que pasades todos unhas Felices Festas!

jueves, 20 de diciembre de 2012

Ensaio Mañá ás 21h

Como todos os venres, e aínda que o tempo non acompañe, mañá día 21 toca ensaiar ás nove da noite para seguir preparando o concerto de Reis. E avisamos que non vale poñer a excusa do fin do mundo para non vir, que xa nos coñecemos...

Aquí vos deixo outra das obras que interpretaremos o 6 de xaneiro, que non é outra que a coñecidísima overtura de Nabucco, de Giuseppe Verdi, arranxo de Franco Cesarini. Neste vídeo está interpretada pola Marktmusikkapelle Garsten, (que, segundo Google é a Banda de Música do Mercado de Garsten).


martes, 18 de diciembre de 2012

Porque non todo vai ser traballar

Como bos amigos e compañeiros que somos, de cando en cando tamén nos gusta aparcar uns días os instrumentos e coller o autobús para facer alguha excursionciña a onde sexa. Dous bos exemplos foron estes dous viaxes nos que fomos a Mondariz  a pasar o fin de semana.

Monzariz 2005
Pasaron só dous anos entre unha e outra, pero moitas cousas pasan en dous anos (ademáis das cámaras dixitais), a xente vaise, outra ven, os máis pequenos medran, e os máis maiores... bueno, imos dicir que os maiores estamos igual.

Mondariz 2007
Aínda que unha fin de semana cos teus compañeiros da banda non pareza nada importante, acábase convertendo en algo máis ca eso. Pásalo ben cos teus amigos, acábaste facendo amigo de quen aínda non o eras, sae a relucir a alma festeira da xente e, por suposto, se fai sol poste moreno. Por cousas como estas unha simple excursión acaba resultando unha experiencia inolvidable para todos, na que a banda estreita lazos, chega coas pilas recargadas para o seguinte ensaio, e, para que mentir... déixanos historias para contar uns cantos anos...


domingo, 16 de diciembre de 2012

Os Nosos Metais

Hai case 5 anos aló por marzal do ano 2008 (como pasa o tempo...) os nosos mozos e mozas da sección de metais (acompañados por algúns percusionistas) foron os encargados de representarnos nun concerto organizado no pobo de Bandeira. Aquí os temos saudando ó público e lucindo a nosa camiseta oficial:


Hace casi 5 anos, allá por marzo del 2008 (como pasa el tiempo...) nuestros chicos y chicas de la sección de metales (acompañados por algunos percusionistas) fueron los encargados de representarnos en un concierto organizado en el pueblo de Bandeira. Aquí los tenemos saludando al público y luciendo nuestra camiseta oficial.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha das obras que interpretaron foi A Chegada da Raíña de Saba (ou para aqueles máis internacionais, The Arrival of the Queen of Sheba, de Händel).



Una de las obras que interpretaron fue La Llegada de la Reina de Saba (o para aquellos más internacionales, The Arrival of the Queen of Sheba, de Händel).

-------------------------------------------------------------------------------------------------------

Outra das pezas que prepararon para ese día non necesita moita presentación, só dicir que contamos coa nosa estrela invitada, Toño Mosquera, sempre voluntario para emprestarnos a súa voz, que nos fai recordar cómo entrea Rocky Balboa ó son de Eye of the Tiger.



Otra de las piezas que prepararon para ese día no necesita demasiada presentación, sólo decir que contamos con nuestra estrella invitada, Toño Mosquera, siempre voluntario para prestarnos su voz, que nos recuerda cómo entrena Rocky Balboa al son de Eye of the Tiger.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------

Como traca final, o noso grupo de metais fíxonos desfrutar da súa propia versión da archiconocida I Feel Good, orixinal de James Brown, coa que arrancan o aplauso do público ó compás das varas dos trombóns. Un gran remate para un gran concerto que esperemos non tarde moito en repetirse.



Como traca final, nuestro grupo de metales nos hizo disfrutar de su propia versión de la archiconocida I Feel Good, original de James Brown, con la que arrancan el aplauso del público al compás de las varas de los trombones. Un gran final para un gran concierto, que esperemos no tarde mucho en repetirse.

sábado, 15 de diciembre de 2012

Problemas cos Comentarios

Algúns compañeiros comentáronme que non eran capaces de deixar comentarios nas entradas, penso que xa está arranxado. Se notades que segue estre problema ou calquer outro, por favor comunicádemo a blogbandacatoira@gmail.com. Graciñas!


Algunos compañeros me comentaron que no eran capaces de dejar comentarios en las entradas, creo que ya está solucionado. Si notáis que aún sigue este problema o cualquier otro, por favor comunicádmelo a blogbandacatoira@gmail.com. Gracias!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Ensaio Venres ás 21:00

Lembrade todos que hai que continuar preparando o concerto de Reis, así que este venres día 14 ensaiamos tutti ás nove da noite. Aquí vos deixo un vídeo de The Seville Suite (Bill Whelan, aranxo de Johan de Meij) interpretado pola Banda Sinfónica Xuvenil Simón Bolívar, da que nós prepararemos para este concerto só os dous últimos movementos.


Recordad todos que hay que continuar preparando el concierto de Reyes, así que este viernes día 14 ensayamos tutti a las nueve de la noche. Aquí os dejo un vídeo de The Seville Suite (Bill Whelan, arreglo de Johan de Meij) interpretado por la Banda Sinfónica Juvenil Simón Bolívar, de la que nosotros prepararemos para este concierto sólo los dos últimos movimientos.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Pasamos dunha das fotos máis antigas que temos a unha das fotos máis recentes, tomada na festa de San Miguel en Catoira neste mesmo ano.


Pasamos de una de las fotos más antiguas que tenemos a una de las fotos más recientes, tomada en la fiesta de San Miguel en Catoira este mismo año.

domingo, 9 de diciembre de 2012

Remata o Seminario

Hoxe remata o Seminario de Dirección que tivo lugar esta fin de semana no noso concello. Esperamos que todos os participantes, ademáis de aprender, pasaran un bo rato na nosa compaña. Aquí vos deixamos un vídeo aportado por un dos participantes no I Curso de Dirección Romaría Vikinga celebrado en Catoira no ano 2009, tamén impartido polo Mestre José Rafael Pascual Vilaplana, no que dirixe o segundo movemento da obra Mexican Pictures, de Franco Cesarini.


Hoy finaliza el Seminario de Dirección que tuvo lugar este fin de semana en nuestro pueblo. Esperamos que todos los participantes, además de aprender, pasaran un rato agradable en nuestra compañía. Aquí os dejamos un vídeo aportado por uno de los participantes en el I Curso de Dirección Romería Vikinga celebrado en Catoira en el año 2009, también impartido por el Maestro José Rafael Pascual Vilaplana, en el que dirige el segundo movimiento de la obra Mexican Pictures, de Franco Cesarini.

jueves, 6 de diciembre de 2012

Comezamos coas fotos

Para inaugura-la sección de fotografías, comezamos cunha reliquia que debe ter arredor duns 15 anos... polo menos. Son moitos os que dende aquela se foron marchando, pero somos tamén moitos os que aínda seguimos ó pe do cañón.

























Para inaugurar la sección de fotografías, empezamos con una reliquia que debe de tener alrededor de unos 15 años... por lo menos. Son muchos los que desde entonces se fueron marchando, pero somos también muchos los que todavía seguimos al pie del cañón.

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Carlos Figueira Abuín, o noso Director


Carlos Figueira Abuín naceu en Asados (Rianxo) e inicia os seus estudos musicais ós 9 anos da man de José Figueira, pasando logo a formar parte da Banda de Música de Rianxo como bombardino.

Máis tarde desenvolve a técnica e a interpretación musical obtendo o título de profesor de bombardino con Xosé Carlos Seráns Olveira, tuba solista da Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela e do Grupo de Metais de Galicia.

Estuda trombón con Xosé Casal Sueiro, trombón solista da Banda de Música Municipal da Coruña e do Grupo de Metais de Galicia, profesor co que termina o título de profesor  superior de trombón e bombardino coas máis altas calificacións.

Asiste a numerosos cursos de perfeccionamento instrumental con mestres da talla de Enrique Ferrando, trombón solista da ONE (1994, 1995, 2000), Ricardo Casero, trombón solista da OCB (1997, 2000), Indalecio Bonet, trombón da ONE e do Grupo de Metais Luur-Metalls (1998), Miguel Navarro, tuba solista da ONE (1997), Enrique Crespo, trombón solista do Grupo de Metais German Brass (1998), Michel Becquet, solista de trombón e profesor do Conservatorio de París (1999, 2000), Joel Vaise, trombón solista da Orquestra Nacional de Francia (2002, 2003).

En xaneiro de 1997 pasa a formar parte da Xove Orquestra Sinfónica de Galicia como trombón solista e da Orquestra de Prácticas Orquestrais da Sinfónica de Galicia.

No curso 1997 empeza a formar parte da Big Band de Estudio Escola de Música (SEM, Big Band de Santiago) onde segue actualmente e na que é profesor de trombón desde o curso 1999-2000).

En decembro de 2001 pasa a formar parte mediante oposición do cadro de profesores da Banda de Música Municipal da Coruña como trombón.

En novembro de 2002 asiste ás clases organizadas pola Orquestra Xove de Prácticas da Sinfónica de Galicia co trombonista Christian Lindberg. En setembro de 2003 asiste ó “XV International Trombone Camp”, que tivo lugar en Italia e impartido por Jay Friedman, trombón solista da Orquestra Sinfónica
de Chicago, Charles Vernon, trombón baixo da Orquestra Sinfónica  de Chicago e por Jiggs Whigan, solista internacional de Jazz (trombón) e Director da Big Band da BBC de Londres.

En 2007 asiste o Curso Internacional de Trombón celebrado en Corfu, Grecia, con Ben van Dijk, Jorgen van Rijen, Michel Becquet e Christian Lindberg.

Colabora habitualmente coa Orquestra Sinfónica de Galicia, ten colaborado coa Orquestra Cidade de Barcelona e Nacional de Cataluña baixo a batuta de directores coma James Ross, Michael Gilbert, José Luis Novo, Pablo Sánchez Torrella, Bernabé Sanchís, Victor Pablo Pérez, Salvador Mass, Darío Sotelo, Jan Cober, Ricardo Frizzio, Paul Bateman, James Jud, José Rafael Pascual Vilaplana, etc…
 
Asiste ó curso de pedagoxía musical impartido por Susa Herrera (1998), organizado pola Federación Galega de Bandas de Música; no campo da dirección orquestral asiste a cursos con Henrie Adams (1996, 1997), Marcel Van Bree (1997), Bernardo Adam Ferrero (1997) e James Ross (1997), Jan Cober (2008) e con José Rafael Pascual-Vilaplana (2009, 2010, 2012). Desde 1994 a 2001 é director da Banda de Música de Rianxo e membro fundador do Grupo de Cámara “Due Tempi”, xunto co saxofonista Diego García Morales e a pianista Paula Gago Otero. Foi profesor de trombón e bombardino nas escolas de música de Rianxo, Salcedo e Valga.

En xuño de 2006 forma parte da Orquestra de Jazz do 1º Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons que tivo lugar en Vigo.

Na actualidade é profesor de trombón e bombardino na Escola de Música Municipal de Catoira, e no Conservatoiro Obradoiro da Coruña, forma parte do cadro de profesores da Banda de Música Municipal da Coruña, membro do Grupo de Metais de Galicia, e director da Banda de Música de Catoira.


_____________________________________________________________________________


Carlos Figueira Abuín nació en Asados (Rianxo) e inicia os sus estudios musicales a los 9 años de la mano de José Figueira, pasando luego a formar parte de la Banda de Música de Rianxo como bombardino.

Más tarde desarrolla la técnica y la interpretación musical obteniendo el título de profesor de bombardino con Xosé Carlos Seráns Olveira, tuba solista de la Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela y del Grupo de Metais de Galicia.

Estudia trombón con Xosé Casal Sueiro, trombón solista de la Banda de Música Municipal da Coruña y del Grupo de Metais de Galicia, profesor con el que termina el título de profesor  superior de trombón y bombardino con las más altas calificaciones.

Asiste a numerosos cursos de perfeccionamiento instrumental con maestros de la talla de Enrique Ferrando, trombón solista de la ONE (1994, 1995, 2000), Ricardo Casero, trombón solista de la OCB (1997, 2000), Indalecio Bonet, trombón de la ONE y del Grupo de Metales Luur-Metalls (1998), Miguel Navarro, tuba solista de la ONE (1997), Enrique Crespo, trombón solista del Grupo de Metales German Brass (1998), Michel Becquet, solista de trombón y profesor del Conservatorio de París (1999, 2000), Joel Vaise, trombón solista de la Orquesta Nacional de Francia (2002, 2003).

En enero de 1997 pasa a formar parte de la Xove Orquestra Sinfónica de Galicia como trombón solista y de la Orquestra de Prácticas Orquestrais da Sinfónica de Galicia.

En el curso 1997 empieza a formar parte de la Big Band de Estudio Escola de Música (SEM, Big Band de Santiago) donde sigue actualmente y en la que es profesor de trombón desde el curso 1999-2000).

En diciembre de 2001 pasa a formar parte mediante oposición do cuadro de profesores de la Banda de Música Municipal da Coruña como trombón.

En noviembre de 2002 asiste a las clases organizadas por la Orquestra Xove de Prácticas de la Sinfónica de Galicia con el trombonista Christian Lindberg. En septiembre de 2003 asiste al “XV International Trombone Camp”, que tuvo lugar en Italia impartido por Jay Friedman, trombón solista de la Orquestra Sinfónica de Chicago, Charles Vernon, trombón bajo de la Orquesta Sinfónica  de Chicago y por Jiggs Whigan, solista internacional de Jazz (trombón) y Director de la Big Band de la BBC de Londres.

En 2007 asiste al Curso Internacional de Trombón celebrado en Corfu, Grecia, con Ben van Dijk, Jorgen van Rijen, Michel Becquet y Christian Lindberg.

Colabora habitualmente con la Orquestra Sinfónica de Galicia, fue colaborador de la Orquesta Ciudad de Barcelona y Nacional de Cataluña bajo la batuta de directores como James Ross, Michael Gilbert, José Luis Novo, Pablo Sánchez Torrella, Bernabé Sanchís, Victor Pablo Pérez, Salvador Mass, Darío Sotelo, Jan Cober, Ricardo Frizzio, Paul Bateman, James Jud, José Rafael Pascual Vilaplana, etc…
 
Asiste al curso de pedagogía musical impartido por Susa Herrera (1998), organizado por lla Federación Galega de Bandas de Música; en el campo de la dirección orquestal asiste a cursos con Henrie Adams (1996, 1997), Marcel Van Bree (1997), Bernardo Adam Ferrero (1997) e James Ross (1997), Jan Cober (2008) y con José Rafael Pascual-Vilaplana (2009, 2010, 2012). Desde 1994 a 2001 es director de la Banda de Música de Rianxo y miembro fundador del Grupo de Cámara “Due Tempi”, junto con el saxofonista Diego García Morales y la pianista Paula Gago Otero. Fue profesor de trombón y bombardino en las escuelas de música de Rianxo, Salcedo y Valga.

En xuño de 2006 forma parte da Orquestra de Jazz do 1º Festival Internacional de Jazz Imaxina Sons que tivo lugar en Vigo.

En la actualidad es profesor de trombón y bombardino en la Escuela de Música Municipal de Catoira, y en el Conservatoiro Obradoiro de A Coruña, forma parte del cuadro de profesores de la Banda de Música Municipal da Coruña, miembro do Grupo de Metais de Galicia, y director de la Banda de Música de Catoira.

Historia da Banda

A Banda de Música de Catoira foi fundada e dirixida nos seus primeiros anos por  Valentín Rey e Xosé Carlos Seráns Olveira, levando actualmente a batuta o mestre Carlos Figueira Abuín.

Durante todos estos anos, dende o seu primeiro concerto o 6 de Xaneiro de 1990, a banda realizou actuacións en lugares arredor de toda Galicia e outras provincias como Asturias e León, realizando tamén algunas actuacións no extranxeiro destacando o II Festival Ibérico de Bandas de Música en Monçao (Portugal) e o intercambio cultural realizado co pobo de Frederikssund (Dinamarca), actuando entre outros lugares na embaixada española nese país.

Participa en varias ocasións no Certame Povincial de Bandas de Música (Pontevedra), acadando o 3º premio na sección segunda no ano 2002, 1º Premio e Mención de Honra na sección segunda no ano 2003, e 1º Premio na sección segunda no ano 2006. No ano 2008 consigue o 3º premio na sección primeira deste mesmo certame, e participa tamén no Certame Galego de Bandas de Música, realizado en Santiago de Compostela, acadando o segundo premio na sección primeira.

No ano 2010 editou o seu primeiro disco, un doble CD titulado 20 anos de Música, aproveitando a celebración do 20º aniversario da agrupación.

Actualmente a Banda de Música de Catoira segue levando a súa arte alá por donde vai. Cada ano actúa tanto en festas como en certames, tanto na rúa como nos auditorios de toda Galicia, eso sí, a cita que nunca falta é o Concerto de Reis, cada 6 de Xaneiro, celebrando a música un ano máis.


_____________________________________________________________________________


La Banda de Música de Catoira fue fundada y dirigida en sus primeros años por  Valentín Rey y Xosé Carlos Seráns Olveira, llevando actualmente la batuta el maestro Carlos Figueira Abuín.

Durante todos estos años, desde su primer concierto el 6 de Enero de 1990, la banda realizó actuaciones en lugares alrededor de toda Galicia y otras provincias como Asturias y León, realizando también algunas actuaciones en el extranjero destacando el II Festival Ibérico de Bandas de Música en Monçao (Portugal) y el intercambio cultural realizado con el pueblo de Frederikssund (Dinamarca), actuando entre otros lugares en la embajada española en ese país.

Participa en varias ocasiones en el Certame Povincial de Bandas de Música (Pontevedra), consiguiendo el 3º premio en la sección segunda en el año 2002, 1º Premio e Mención de Honra en la sección segunda en el 2003, y 1º Premio en la sección segunda en el año 2006. En el 2008 consigue el 3º premio en la sección primera de este mismo certamen, y participa también en el Certame Galego de Bandas de Música, realizado en Santiago de Compostela, recibiendo el segundo premio en la sección primera.

En el año 2010 editó o su primer disco, un doble CD titulado 20 anos de Música, aprovechando la celebración del 20º aniversario de la agrupación.

Actualmente la Banda de Música de Catoira sigue llevando su arte allá por donde va. Cada año actúa tanto en fiestas como en certámenes, tanto en la calle como en auditorios de toda Galicia, eso sí, la cita que nunca falta es el Concierto de Reyes, cada 6 de Enero, celebrando la música un año más.

martes, 4 de diciembre de 2012

Seminario de Dirección


Xa non queda nada para que comece o Seminario de Dirección que terá lugar en Catoira durante esta longa fin de semana, impartido polo Mestre José Rafael Pascual Vilaplana. Recordamos ós membros da banda que mañá mércores é o último ensaio, e dámoslle a benvida ós participantes no seminario, que estarán dándolle un último repasiño ás obras...

Ya no queda nada para que de comienzo el Seminario de Dirección que tendrá lugar en Catoira durante este alargado fin de semana, impartido por el Maestro José Rafael Pascual Vilaplana. Recordamos a los miembros de la banda que mañana miércoles es el último ensayo, y le damos la bienvenida a los participantes en el seminario, que le estarán dando un último repasito a las obras...

Ponteareas


Para inaugura-la páxina, aquí vos deixamos coa nosa interpretación de Ponteareas (de Reveriano Soutullo) no Certame Galego de Bandas en novembro de 2008.

[Gravación realizada pola Federación Galega de Bandas de Música Populares]

Benvid@s a todos

Benvid@s ó blog da Banda de Música de Catoira. Nestes intres aínda estamos en construcción, intentaremos actualiza-la páxina o antes posible. Saúdos


Bienvenid@s al blog de la Banda de Música de Catoira. En estos instantes estamos aún en construcción, intentaremos actualizar la página lo antes posible. Saludos