lunes, 24 de diciembre de 2012

Bo Nadal!

Nestas datas tan festivas, que mellor que acompañarnos da mellor música a carón da familia e amigos mentres desfrutamos ó quentiño dunha boa cena, sen importarnos que fóra faga un día de mil demos.

Aquí vos deixo un vídeo da Orquestra Filharmónica de Seúl, interpretando A Christmas Festival, que recopila os máis coñecidos temas de Nadal da man de Leroy Anderson, perfecta para poñer nun día como hoxe.


E para rematar, una versión do famoso Canon en Re Maior de Pachebel, a cargo da Trans-Siberian Orquesta acompañada dun coro de nenos.


Bo Nadal e que pasades todos unhas Felices Festas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario