martes, 18 de diciembre de 2012

Porque non todo vai ser traballar

Como bos amigos e compañeiros que somos, de cando en cando tamén nos gusta aparcar uns días os instrumentos e coller o autobús para facer alguha excursionciña a onde sexa. Dous bos exemplos foron estes dous viaxes nos que fomos a Mondariz  a pasar o fin de semana.

Monzariz 2005
Pasaron só dous anos entre unha e outra, pero moitas cousas pasan en dous anos (ademáis das cámaras dixitais), a xente vaise, outra ven, os máis pequenos medran, e os máis maiores... bueno, imos dicir que os maiores estamos igual.

Mondariz 2007
Aínda que unha fin de semana cos teus compañeiros da banda non pareza nada importante, acábase convertendo en algo máis ca eso. Pásalo ben cos teus amigos, acábaste facendo amigo de quen aínda non o eras, sae a relucir a alma festeira da xente e, por suposto, se fai sol poste moreno. Por cousas como estas unha simple excursión acaba resultando unha experiencia inolvidable para todos, na que a banda estreita lazos, chega coas pilas recargadas para o seguinte ensaio, e, para que mentir... déixanos historias para contar uns cantos anos...


3 comentarios:

  1. Cómo pasa o tempo!! sempre me quedou a gana de ir a segunda vez a mondariz, porque o pasei tan,tan pero tan ben!!
    O malo do paso dos anos, é que tes mais responsabilidades, e o traballo non che deixa disfrutar de estes momentos.
    Espero poder volver a ir outra vez ca banda de excursión.
    Saudos!
    P.D encántame este blog, a ver si a xente se anima a escribir mais.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas gracias Bety, a ver si é verdade e a xente se anima a comentar!

      Eliminar
  2. Moi bos recordos!! Si señor..espero poder volver a seguinte...de momento o ensaio do mercores!!
    P.D volta de borja e josé xa!!!jaja

    ResponderEliminar